O Correo de Barbanza

Os puntos limpos pobrenses recolleron 127,4 toneladas

  • 02 feb 2023 / 18:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. O Concello da Pobra dispón de varias ferramentas para evitar a aparición de vertedoiros incontrolados que degraden a contorna e darlles un tratamento adecuado aos elementos sen vida útil. Un destes recursos é o punto limpo do polígono industrial, que xestionou no pasado exercicio 126,3 toneladas de residuos, mentres que en 2021 foron 138,7 toneladas.

A maiores, o Concello ten en marcha un sistema complementario de reciclaxe: o punto limpo móbil, no que o ano pasado se depositaron 412 quilogramos. Os aparellos electrónicos e os pequenos electrodomésticos representaron a maior parte do peso, que no ano 2021 fora de 422,5 quilogramos.

Outros mecanismos para perfeccionar o sistema da reciclaxe son os dous minipuntos limpos do núcleo urbano: fronte á casa consistorial e na Praza do Emigrante. Consisten en estruturas verticais moi accesibles para a cidadanía con diferentes apartados segundo o residuo de pequeno formato que se vaia inserir. En 2022 rexistraron 727 quilogramos de refugallos de uso doméstico. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.