Outes busca impulsar os seus recursos vinculados ao mar
A Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Outes iniciaron onte o estudo de novas vías de colaboración para a promoción turística dos recursos do mar deste municipio coruñés. Así, a promoción de distintos produtos turísticos, a rehabilitación dunha carpintería de ribeira, o apoio á campaña do sector ou a sinalización de dúas rutas de sendeirismo foron algúns dos temas que centraron a xuntanza do vicepresidente da institución provincial, Xosé Regueira, co alcalde outense, Manuel González López.
Durante a rolda de prensa que se desenvolveu no núcleo do Freixo, Regueira destacou que Outes “ten un bo deseño de produto e unha gran potencialidade que vai dar resultados con proxectos que dá gusto compartir e apoiar e cos que tentaremos colaborar na medida das nosas posibilidades”. Referíase á campaña de promoción que botou a andar este verán e a iniciativas relacionadas co patrimonio e os recursos do mar, desde a carpintería de ribeira aos deportes náuticos, pasando polas iniciativas vinculadas ao interese turístico do marisqueo.
O encontro incluíu tamén unha visita á lonxa e ó estaleiro tradicional que será rehabilitado que é, segundo o alcalde, un “exemplo dun sector no que Outes foi centro neurálxico de toda Galicia con multitude de pequenas carpinterías nas que se fixeron centos de barcos”.
Segundo avanzaron, o mencionado proxecto desenvolverase en dúas fases. A primeira contemplará a rehabilitación da carpintería e o plan museográfico e, a segunda, o acondicionamento do entorno, cun orzamento duns 600.000 euros no seu conxunto para o que se conta coa achega de fondos europeos.
“A carpintería de ribeira está declarada BIC e consideramos que é necesario apoiar propostas de recuperación e promoción como a do Concello de Outes de rehabilitación dun estaleiro tradicional, que será, sen dúbida, un punto de referencia no sector”, apuntou o responsable de Plans, Patrimonio e Turismo do citado ente, ao tempo que engadiu que o proxecto será positivo non só para o municipio, senón tamén “para o xeodestino e para a totalidade da provincia e o conxunto do patrimonio galego vinculado ao mar”.
En tido municipio, a pesar de ter contado na súa historia con case corenta carpinterías de ribeira, na actualidade só resisten os estaleiros que se poden visitar no porto do Freixo. A comezos do pasado século Outes e o Freixo foron o concello e a parroquia, respectivamente, con máis carpinterías e talleres para embarcacións de madeira en todo o territorio galego, con máis de 36. Con todo, despois de 1940 a actividade foi decrecendo e, na actualidade, tan só resisten catro talleres en activo.
Vinculada a este sector, entre outros produtos turísticos, na localidade desenvolveuse a ruta Os carpinteiros cos pés mollados, nome que se lle otorgou a raíz do libro de Santiago Llovo, O Freixo de Sabardes: a terra dos carpinteiros cos pés mollados.
Este sendeiro transcorre entre O Freixo e Broña e forma parte da experiencia Vivir o marisqueo, impulsada o pasado ano polo Concello outense para dar a coñecer a actividade que os profesionais do mar desenvolven artesanalmente dende hai séculos nesta franxa da ría.
areadecompostela@elcorreogallego.es
Alcalde de Outes
O alcalde de Outes, Manuel González López, agradeceu a visita que tiña como obxectivo compartir coa Deputación da Coruña os proxectos da área de turismo do Concello. A carpintería do mar é un recurso de especial interese na promoción turística do municipio outense e a súa promoción foi un dos eixos do encontro entre o rexedor e Xosé Regueira, achegándose ata unha delas acompañados pola tenente de alcalde, Alba Quintela, e a concelleira e deputada provincial María Beatriz Molinos, ademais de persoal técnico das dúas institucións. De maneira especial, o mandatario local destacou o traballo que se está a desenvolver para rehabilitar un dos últimos estaleiros de ribeira e convertelo en centro de interpretación. Ademais, na xuntanza abordáronse distintas posibilidades de apoio á nova campaña de promoción turística que, desde este verán, está promocionando o concello de Outes, con distintos soportes e produtos, co obxectivo de ofrecer unha oferta sostible e de calidade. Ao respecto, o rexedor explicou que “queriamos amosarlle o atractivo turístico que temos e presentar distintos proxectos, como a campaña de promoción cunha web dinámica, un vídeo, unha guía e un traballo continuado en redes sociais, así como a sinalización de dúas rúas turísticas de sendeirismo (unha que atravesa O Freixo e outra que transcorre por Ponte Nafonso) cunha grande riqueza paisaxística e patrimonial”. Por outra banda, na reunión que mantiveron Manuel González e Xosé Regueira tamén se trataron distintos aspectos relacionados coa promoción dos deportes náuticos como atractivo turístico, outro sector clave que tratan de potenciar.
el gobierno local de Outes ha trabajado mucho para tratar de potenciar los diferentes sectores que dan vida a este municipio. Comenzó, por ejemplo, ampliando los servicios de conciliación, pues sabe que es una medida imprescindible para que los vecinos puedan quedarse a vivir en la localidad y tratar de frenar la despoblación de los últimos años. Ahora, conocedor de que la actividad económica del municipio está a caballo entre el mar y el turismo, el ejecutivo outiense deberá focalizar sus objetivos para tratar de impulsar ambos aspectos. Y en ello se encuentra... pues este concello tiene todas las condiciones que un visitante busca. Y qué mayor atractivo que aunar conocimiento, tradición y lugares bellos y con historia de la villa.