O Correo de Barbanza

Piden adaptar as liñas de bus ó horario dos IES de Noia

  • 16 nov 2021 / 16:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Muros. Varias familias de Outes e Muros están recollendo sinaturas para reclamar a adaptación das liñas de autobús ós horarios dos institutos Campo de San Alberto e Virde do Mar, de Noia, para poder utilizar a Tarxeta Xente Nova (de transporte gratuíto para menores de 21 anos).

Afirman que as liñas do transporte interurbano non se adaptan ás entradas e saídas dos dous institutos e que “na mellor das opcións, o alumnado chegaría ás 07.50 horas, cando o horario lectivo comeza ás 08.40, e na saída a situación é similar, cunha variación dunha hora”.

A situación obriga ás familias a contratar un servizo de liña discrecional que lles custa 60 € ó mes. Din que a solución pasa por modificar a liña da mañá 20 minutos. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.