O Correo de Barbanza

Pontenafonso alza a voz para pedir explicacións polas obras do viaduto

  • 06 jun 2022 / 20:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

OUTES. Os veciños de Pontenafonso volveron a concentrarse o pasado domingo nun dos extremos da ponte medieval para mostrar o seu descontento coas obras que se están a executar na infraestrutura dende agosto de 2021. Alí procedeuse á lectura do manifesto por parte dos lugareños en representación do colectivo SalvemosPonteNafonso, que quere alzar a voz para expresar a súa “total repulsa” contra esta actuación “que nos arrebata séculos de historia, esixindo responsabilidades, explicacións, e reflexión para adoptar solucións á desfeita”. Aseguran que as “continuas improvisacións” rematan cunha ponte “totalmente deturpada”, ofrecendo ao seu paso a visión dun viaduto totalmente novo “que non ten nada que ver coa apreciada Ponte Nafonso, unha xoia destruída co beneplácito da Dirección Xeral de Patrimonio”. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.