O Correo de Barbanza

Protección Civil recibe en Carnota un remolque de emerxencias

A Xunta apoiou a esta agrupación nos últimos anos con máis de 80.400 euros

  • 29 abr 2022 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carnota. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, visitou na mañá deste venres aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do Concello de Carnota, á que fixo entrega ademais dun remolque de emerxencias co que poder reforzar o seu equipamento.

Este remolque súmase a outro material cedido á agrupación nos últimos anos, como un vehículo tipo pick-up, unha embarcación e un traxe de protección fronte á vespa velutina, o que supuxo un investimento de máis de 65.800 euros. A esta contía súmanse outros 14.500 euros en apoio aos seus gastos de funcionamento, polo que o investimento total da Xunta co obxectivo de manter a actividade da agrupación carnotá supera os 80.400 euros.

O remolque entregado este venres, según explica o Goberno galego, é un dos seis que forman parte da orde de axudas do ano pasado dotada cun millón de euros e destinada a material para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Ademais dos remolques, entre o material cedido inclúense 26 tendas de campaña para emerxencias, 19 vehículos tipo pick-up, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas de retirada de neve para as actuacións en concellos máis afectados polas nevadas.

O investimento da Administración autonómica nas AVPC da Comunidade acada os 18 millóns de euros, dos que 14 se destinaron a reforzar o seu equipamento e os 4 millóns restantes aos seus custos de mantemento, según informou a Xunta. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.