O Correo de Barbanza

Punta Cabío será escenario do concerto de Mercedes Peón o día 28

Súmanse ao cartel do programa Paisaxes Sonoras a compañía Airiños e Manuel Gago

  • 19 ago 2021 / 14:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. O pasado mes de xullo a Mancomunidade Barbanza-Arousa presentou o programa da segunda edición de Paisaxes Sonoras, que agora se vén de ampliar. Trátase dun proxecto singular que busca mesturar as paisaxes emblemáticas e recursos culturais e turísticos do territorio cunha proposta cultural. Celebrarase os vindeiros días 27, 28 e 29 apostando por unha programación con artistas galegas e coa implicación de grupos comarcais.

O venres 27 ás 20.00 horas ofrecerá un concerto Heredeiros da Crus na Curbera (Boiro), e as entradas están esgotadas. O sábado 28 ás 11.30 terá lugar un roteiro teatralizado a cargo da compañía Airiños, titulado Unha primavera para Xoana, no entorno do río Té de Rianxo (inscricións no correo paisaxessonoras@gmail.com). Ás 13.00 horas actuará o grupo Tanxugueiras no porto de Taragoña (Rianxo) e as entradas están á venda en Ataquilla. E ás 20.00 horas terá lugar o concerto de Mercedes Peón na punta de Cabío (A Pobra do Caramiñal). A entradas está dispoñibles en dita plataforma.

Xa o domingo día 29 ás 11.30 horas a proposta é O son dos séculos, un paseo sonoro pola serra do Barbanza protagonizado por Manuel Gago e por un guía oficial de Turismo de Galicia (inscricións no correo electrónico paisaxessonoras@gmail.com). Ás 12.30 h. será o concerto de Lumieira na antiga fábrica de salazón de Ribeira, onde tamén terá lugar a partir das 13.00 horas o do grupo Baiuca. En ambos casos, as entradas están á venda en Ataquilla. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.