O Correo de Barbanza

Reclama o Bloque máis zonas verdes en Ribeira

  • 11 ago 2021 / 16:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. O BNG de Ribeira considera que a cidade ten un déficit importante de zonas verdes e que se fai imprescindible aumentar a vexetación nas rúas e nas prazas. Así, en alusión á reforma que se leva a cabo na avenida das Carolinas, explica que “o PP fai todo o contrario ao que se está facendo nas vilas e cidades de todo o mundo, pois reduce carrís e aparcadoiros e só aumenta o cemento, os palmitos e a herba de plástico”. Tamén recriminou “a falta de planificación na reforma do parque García Bayón, que está a causar graves prexuízos á hostalería”. O alcalde, Manuel Ruiz, dixo que “a obra das Carolinas pertence a Portos e estámoslle moi agradecidos. Agora haberá 50 árbores máis. Acábase de plantar na Praza de Pontevedra e na avenida da Coruña”. Engade que “por cada árbore que se ten que sacar por accesibilidade plantáronse máis de cen”. Sobre a obra do parque, dixo que o prazo é de 9 meses, o que impide evitar o verán”. s. S.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.