O Correo de Barbanza

Rego informou en O Son das medidas do Bloque ante a alza dos prezos

  • 30 may 2022 / 19:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

PORTO DO SON. A casa da cultura de Portosín (O Son) acolleu unha asemblea aberta co deputado nacionalista Néstor Rego na que explicou as medidas urxentes que o seu grupo propón ante a subida dos prezos, “que están provocando un aumento da inflación e un maior empobrecemento da sociedade galega”, sinalou. Tamén lamentou que empresas sigan incrementando os seus beneficios mentres se ve afectada “a produtividade de sectores tan importantes como o agrícola, o gandeiro e o pesqueiro, os motores económicos de Galicia”, dixo.

Entre outras medidas, propoñen desvincular o mecanismo de fixación dos prezos da electricidade no mercado maiorista da evolución do prezo do gas nos mercados internacionais e mudar o sistema de pool, e a rebaixa permanente do IVE da enerxía eléctrica, así como dos produtos básicos. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.