O Correo de Barbanza

Reparadas as avarías na rede de auga de Bealo, inician xa as conexións

  • 15 ene 2021 / 16:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOIRO. O Concello de Boiro vén de solucionar os problemas existentes na canalización de auga en Bealo, polo que se comezará xa a dar as altas para a conexión do servizo a todas as vivendas que teñan habilitada a conexión na primeira fase. Os usuarios que teñan posibilidade de acceso ao servizo poden solicitar xa no departamento de Recadación a acometida de auga para conectarse á rede xeral. O Concello vai realizar tamén as obras para dotar de auga potable ás vivendas desa parroquia que quedaron sen servizo na primeira fase. A actuación licitarase nos vindeiros días e afectará a seis tramos dun total de 5.160 metros de lonxitude. Por outra banda, renováronse as tubaxes no lugar de Abanqueiro, que eran de formigón, o que facía que se producisen afundimentos na calzada. Substituíronse por unhas novas para garantir o servizo. S. S.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.