O Correo de Barbanza

Rianxo acolle o foro de aulas multigrao, con cen mestres

  • 04 abr 2022 / 15:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Rianxo. O auditorio de Rianxo acolle este martes ás 16.30 horas un encontro sobre o ensino multigrao (consistente en aulas nas que comparten o mesmo espazo nenas e nenos de distintas idades) organizado polo Colexio Rural Agrupado (CRA).

Participarán como relatoras Roser Boix, decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Barcelona; Maricarmen Fernández Morante, decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago; Eva García, especialista en lecto-escrita; e Verónica Triñanes, representante do CRA de Rianxo.

Hai máis de cen persoas anotadas, a maior parte mestres e membros de equipos directivos de centros educativos que teñen na súa organización aulas multigrao.

O encontro será participativo e analizaranse aspectos chave deste tipo de ensino, como os seus principios, as metodoloxías e recursos máis axeitados, a integración do ensino multigrao nas etapas de Infantil e Primaria e o estado do sistema educativo en relación multigraduación, así como propostas de mellora.

Estes e outros temas abordaranse dende distintos puntos de vista: administración educativa, universidade e centros educativos. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.