O Correo de Barbanza

Rianxo homenaxeará a Faustino Rey Romero no seu centenario este sábado

  • 16 dic 2021 / 20:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIANXO. Con motivo do centenario do seu nacemento, Faustino Rey Romero será homenaxeado en Isorna nun acto organizado pola Comunidade de Montes de Isorna e a Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero coa colaboración do Concello. Segundo informaron dende a concellaría de Cultura, o programa comenzará ás 16.00 horas no cemiterio de Isorna, onde se celebrará un acto relixioso na memoria do poeta rianxeiro polo 50 cabodano do seu pasamento, así como unha ofrenda floral na súa sepultura. Asemade, tamén está previsto que actúe o grupo de gaitas Río de Anxo. Xa ás 17.00 horas descubrirase unha placa conmemorativa polo centenario do seu nacemento na Casa da República. Neste acto intervirá Xesús Santos, que falará sobre a figura do poeta. Haberá unha chocolatada para os asistentes. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.