O Correo de Barbanza

Rianxo inicia un plan de mellora do illamento nas instalacións municipais

  • 11 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIANXO. A empresa Romay e Fillos vén de iniciar as obras de mellora do illamento da fachada sur do pavillón polideportivo de Rianxo. A actuación conta cun orzamento de 36.574 euros, dos que 29.259 euros son financiados a través dun convenio entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello. Está previsto que os traballos estén rematados en dúas ou tres semanas. Foi necesario instalar unha estada que ocupa parte da zona de aparcadoiro da piscina. Para a mellora térmica instalarase un illamento de sesenta milímetros de grosor que facilitará a impermeabilización para un posterior repintado. Esta actuación forma parte dun proxecto máis completo que irá poñendo ó día as instalacións municipais en sucesivas fases e que se iniciarán resolvendo primeiro os problemas de illamento das fachadas máis expostas á chuvia. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.