O Correo de Barbanza

Rianxo pon un autobús para ir ver ‘A peste’ a Compostela

  • 11 ene 2022 / 17:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Rianxo. O Concello de Rianxo forma parte do programa de mobilidade para a asistencia ao novo espectáculo do Centro Dramático Galego, A peste, dirixido por Cándido Pazó e inspirada na novela de Albert Camus. A representación terá lugar o vindeiro sábado 19 de febreiro no Salón Teatro de Compostela.

A entrada está bonificada, ten un custe de seis euros e ademais hai un servizo gratuíto de autobús ata completar cincuenta prazas. O prazo de inscrición remata o seis de febreiro e a reserva debe realizarse a través do formulario dispoñible na páxina web municipal ou presencialmente no auditorio de Rianxo. No caso de non existir un mínimo de reservas o servizo do autobús suspenderase. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.