O Correo de Barbanza

Ribeira dedica 400.000 € a reparar viais e áreas públicas

  • 28 dic 2021 / 13:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. O Concello de Ribeira vén de aprobar un novo expediente de contratación co fin de sacar a licitación unha iniciativa á que destinará unha contía de 400.000 euros (IVE incluído) a servizos de reparación, mantemento, acondicionamento e melloras de vías e espazos de uso público do municipio.

Con este contrato, que terá unha duración de dous anos, preténdese financiar a execución de pequenos traballos de conservación e reparación en infraestruturas públicas e outros arranxos demandados polos veciños que non sempre poden ser atendidos de forma inmediata ante a elevada carga de traballo da brigada municipal de Obras.

En breve sairá publicado o anuncio do inicio de presentación de ofertas.

QUEIXAS. Por outra banda, veciños e hostaleiros do entorno do Parque de García Bayón manifestaron as súas queixas polo mellorable acabado da remodelación deste céntrico espazo público. Transcorrido apenas un mes dende o remate dos traballos (que acumularon un considerable retraso), o pavimento de cemento presenta xa gretas e mesmo un considerable afundimento a carón do parque infantil, o que provocou a caída dunha rapaza que resultou ferida. Ademais, hai tubaxes de plástico semisoterradas á espera de conexión e nen sequera se acondicionaron as zonas axardinadas, que levan anos coa terra seca. Hai tamén queixas polo escaso mobiliario urbano. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.