O Correo de Barbanza

Ribeira licita saneamentos e asfaltados por 700.000 €

  • 08 mar 2022 / 14:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. O Concello de Ribeira vén de aprobar a declaración de necesidade de cinco actuacións que se van acometer nas parroquias de Aguiño, Corrubedo, Carreira e Palmeira e que suman un investimento de 700.559 €, como paso previo para que o departamento municipal de contratación as saque a licitación.

En concreto, as obras a licitar consisten na pavimentación, saneamento e abastecemento en Braña do Muro en Aguiño (cun investimento de 133.104,94 euros); na pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro en Aguiño (189.765 euros); na pavimentación, rede de pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira en Corrubedo (92.687,79 euros); no saneamento, pavimentación e abastecemento no lugar de Frións en Carreira (154.081,94 euros); e na instalación de redes de saneamento e de abastecemento no lugar de Sampedro en Palmeira (130.919,88 euros).

Cómpre lembrar que no pasado mes abríronse as ofertas para a contratación doutras doce obras dedicadas a pavimentacións, saneamentos e outros servizos nas localidades de Aguiño, Castiñeiras, Oleiros, Olveira, Palmeira e Santa Uxía por un importe global que ascende a 1.246.467,61 euros.

Ao concurso público para optar á execución destas doce últimas actuacións presentáronse un total de 208 propostas, que na actualidade están pendentes do trámite de adxudicación. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.