O Correo de Barbanza

Ribeira Store ofrece envíos gratis ata Padrón ós comercios asociados

A plataforma de market place recibiu unha mención honorífica do Ministerio de Industria

  • 29 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. A Concelleira de Innovación Tecnolóxica do Concello de Ribeira, Ana Barreiro, presentou onte o plan de márquetin dixital da plataforma de comercio electrónico Ribeira Store, que contempla unha serie de medidas para promocionar semanalmente os artículos dos establecementos adheridos e desenvolver unha campaña de publicidade conxunta.

O plan ten como obxectivo publicitar en medios dixitais a citada plataforma, aumentar o número de visitantes e, como consecuencia, axudar a fomentar as ventas dos comercios ribeirenses.

Púxose en marcha onte e abarca, ata finais de febreiro, as campañas de Nadal, Reis e Rebaixas. Realizarase nas plataformas de Facebook e Instagram cunha estratexia de posicionamento nos buscadores. Tamén contempla os gastos de envío gratuítos para o municipio de Ribeira e para toda a comarca do Barbanza, ata Padrón.

Aínda que figuran rexistrados 130 establecementos na plataforma Ribeira Store, só 57 teñen actividade. Sin embargo, o Concello non considera un fracaso esta porcentaxe, pois, segundo Ana Barreiro, “trátase dun proceso vivo e, a medida que se vaian vendo os resultados desta ferramenta, iranse mobilizando máis tendas”. Asimesmo, indicou que “non todo o mundo ten a mesma confianza no comercio electrónico nen a mesma experiencia” e destacou o feito de que os dez mil usuarios das redes sociais municipais son potenciais clientes da plataforma.

Por outra banda, o market place ribeirense recibiu o recoñecemento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo cunha mención honorífica na categoría de ideas orientadas a dotar de solucións tecnolóxicas ás áreas comerciais urbanas, establecementos comerciais colectivos e/ou mercados municipais españois, sendo Ribeira, xunto con Alzira (Valencia) os únicos concellos de España que presentaron unha proposta similar. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.