O Correo de Barbanza

Santa Uxía acolle dous meses a voluntarios do programa Xacobeando

  • 18 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. Mozos de Grecia, Estonia, Lituania, Letonia e España (Córdoba) están a participar no municipio ribeirense nun proxecto da Xunta de Galicia coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado denominada Xacobeando. Trátase dunha iniciativa que ten como obxecto desenvolver, co gallo da celebración do Ano Santo, un traballo en equipo orientado a reforzar o concepto de solidariedade nos camiños de Santiago, ademais de dar visibilidade ao Corpo Europeo de Solidariedade e aos proxectos de voluntariado, difundíndoos entre a mocidade das zonas por onde descorren os itinerarios: en concreto, no que se refire a esta expedición, centrando a súa atención na Ruta Xacobea Mar de Arousa e no Camiño A Orixe. Os rapaces permanecerán no municipio ribeirense durante dous meses. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.