O Correo de Barbanza

Seis alumnas dun curso de cociña de Boiro farán prácticas en empresas

  • 09 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOIRO. As seis participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro, dirixido a mulleres, remataron esta semana a formación dos módulos de aprovisionamento, preelaboración, conservación e elaboración culinaria que se desenvolveron dentro do curso Certificado de Profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña. As participantes adquiriron coñecementos para elaboracións culinarias, pratos combinados, aperitivos, aprovisionamento de materia prima a conservación alimentaria. Todas elas incorpóranse agora a diferentes empresas do Barbanza para realizar 80 horas presenciais do módulo de prácticas profesionais. A formación impartiuse no Centro de Formación e Viveiro de Empresas do polígono de Espiñeira, acreditado para impartir formación vinculara a certificados de profesionalidade. S. S.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.