O Correo de Barbanza

Serra do Barbanza, o novo taller de emprego de Ribeira e O Son, bota a andar o 9 de agosto

  • 12 jul 2021 / 20:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Porto do Son. Os Concellos de O Son e Ribeira van desenvolver conxuntamente un obradoiro de emprego sobre pavimentación e albanelería de urbanización que se iniciará o vindeiro 9 de agosto e que está dirixido a mozos e mozas en situación de desemprego de 18 a 29 anos.

Con tal motivo, a organización desexa facer un chamamento a todas as persoas en paro desta franxa de idade que cumpran os requisitos (cómpre posuír a ESO ou competencias clave nivel 2) para que, de non estar xa, se inscriban esta mesma semana no Programa de Emprego de Garantía Xuvenil coa fin de poder optar a ser seleccionado para esta escola taller, proceso que arrancará o vindeiro luns.

Segundo indicaron fontes municipais, o obradoiro levará o nome de Serra do Barbanza e contará cunha

duración de doce meses nos que 16 mozos e mozas terán a oportunidade de formarse na citada especialidade ao tempo que cobran un soldo.

Para máis información, os interesados poden contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Ribeira, sita na Oficina de Atención Cidadá.

tAHUME Porto do Son e Ribeira xa realizan conxuntamente o obradoiro de emprego denominado Tahume, que alcanzou a súa sexta edición. Nel, dez veciños de cada municipio estanse a formar en traballos de carpintería e moble e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O taller comezou o pasado mes de decembro e conta cunha duración de 9 meses. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.