O Correo de Barbanza

Sesión formativa para os rapaces do CPI Cernadas de Castro sobre a velutina

  • 25 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. Un total de 61 nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro de Lousame asistiron onte a unha sesión formativa sobre a vespa velutina para coñecer cal é a orixe deste insecto, como foi a evolución da súa invasión ao territorio galego e cales son as súas características distintivas respecto ás vespas autóctonas. Durante esta xornada os catro grupos de primaria fixeron trampas caseiras seguindo as indicacións e explicacións dos especialistas. As sesións formativas continuarán hoxe con 97 rapaces do citado centro educativo. Recordar que o Concello de Lousame vén de pór en marcha unha campaña contra as velutinas a través da difusión e da sensibilización sobre a importancia de capturar as raíñas desta especie, posto que os meses de marzo e maio son fundamentais para evitar que comecen a construír niños. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.