O Correo de Barbanza

Sinalizan en Ribeira con 155 postes o trazado do Camiño Xacobeo A Orixe

  • 30 mar 2022 / 17:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. O Concello de Ribeira iniciou a sinalización do Camiño de Santiago por Barbanza A Orixe mediante postes indicativos dentro do termo municipal, acción promovida pola Mancomunidade Barbanza-Arousa en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño A Orixe. Os postes (un total de 155) foron elaborados polo alumnado do obradoiro de emprego Serra do Barbanza e por sete usuarios do taller de carpintería da Unidade de Asistencia a Drogodependencias. Os traballos de instalación comezaron por Corrubedo, punto de arranque desta ruta xacobea, e continuarán polo resto do itinerario dentro do concello, que abrangue a primeira etapa (ata a Capela da Guía en Carreira) e unha parte da segunda, que finaliza na Pobra, na igrexa de Santa María A Antiga. Estanse sinalizando tanto o traxecto de ida como o de volta. S. Souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.