O Correo de Barbanza

Solicitan a adecuación do tráfico en San Lázaro

  • 22 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

NOIA. O BNG de Noia solicita a adecuación do tráfico no barrio de San Lázaro. Desde a formación sinalan que “durante os días nos que se realiza a feira en Noia, xoves e domingos, así como durante aquelas xornadas nas que por diferentes motivos existe unha grande afluencia na zona sur do municipio, danse unhas circunstancias en San Lázaro que poñen en perigo aos peóns e alteran a convivencia veciñal”.

Neste sentido, os nacionalistas aseguran que “estes problemas son motivados pola falta de control e ordenación do tráfico por parte do goberno local”, provocando así “enfrontamentos entre peóns e condutores”. Por iso, sinalan a necesidade de “limitar a velocidade nesta zona urbana residencial e impedir o aparcamento en zonas axardinadas de titularidade municipal e beirarrúas”, así como de “anular a posibilidade de que os vehículos a motor atravesen zonas peonís e beirarrúas”. O tema debaterase na vindeira sesión plenaria. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.