O Correo de Barbanza

Sorteo dos permisos de marisqueo a pé por empate no Liceo noiés

Terá lugar o vinte e seis de marzo no salón de actos da entidade ás dez e media da mañá

  • 20 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Noia. Despois de que fose suspendido no mes de xaneiro debido á situación sanitaria derivada da COVID, o pasado martes a xefatura territorial da Consellería do Mar na Coruña informou da celebración dun sorteo para dirimir o empate entre 68 persoas candidatas do listado provisional de puntuacións para a cobertura de dez prazas convocadas para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo xeral a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de Noia.

Tras publicarse a listaxe provisional das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas e establecer un prazo de quince días hábiles para efectuar alegacións, prodúcese un empate para dez prazas entre 68 solicitantes que acadaron todas elas 10 puntos en total.

O apartado 4 do anexo I da resolución de 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé establece que: “En caso de producirse empate na puntuación obtida, resolverase mediante sorteo en presenza das persoas afectadas pola dita situación”.

Este terá lugar o 26 de marzo no salón de actos da Sociedade Cultural Recreativa Liceo de Noia (rúa Alameda sin número) ás 10.30 horas. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.