O Correo de Barbanza

Taller sobre banda deseñada para os nenos de Lousame

  • 29 jul 2021 / 20:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

LOUSAME. O Concello de Lousame convoca o obradoiro O mundo do cómic, que terá lugar o xoves 12 de gosto, a partir das 11.00 horas, na casa da cultura da vila. O taller é gratuíto e vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, que deberán reservar a súa praza a través de Bando Ticket. Segundo explicou a concelleira de Cultura e Mocidade, Silvia Agrafojo, o obradoiro terá unha duración de 60 minutos, nos que a rapazada aprenderá a distinguir os distintos tipos de banda deseñada segundo o formato: historietas, libros de cómic ou novelas gráficas. Esta actividade está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia. m. t.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.