O Correo de Barbanza

Telefónica sitúa a Ribeira entre os concellos que maior despregue de banda ancha terán este ano

  • 24 jun 2021 / 15:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. O consistorio ribeirense acolleu este xoves unha reunión de traballo entre o alcalde, Manuel Ruiz, e representantes da compañía Telefónica, ante o interese do executivo local en coñecer os plans de despregue de banda ancha que ten prevista esta entidade no concello.

No encontro participaron tamén o xefe de ventas para o territorio norte de dita empresa de telecomunicacións, Luis Ángel López Carro; a coordinadora de despregue FTTH Galicia e Asturias, Patricia Rodiño, e a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro.

Ribeira atópase entre os municipios galegos nos que máis novas zonas con banda ancha está programado estender durante este ano.

Así, como moi tarde a finais de setembro está previsto que dispoñan deste servizo as contornas de múltiples centros educativos como Heroínas de Sálvora en Aguiño, Artes, A Capela e Pé do Corniño en Carreira, Palmeira, O Grupo, Coroso, O Caramecheiro, Frións, Olveira ou Leliadoura, ao igual que outros puntos como o entorno da aula Cemit, a sede da Policía Local, os Xulgados, as confrarías de Aguiño e Palmeira, a casa consistorial, o centro de día de alzhéimer, a Escola Náutico-Pesqueira, a illa de Sálvora, o Cielga do parque natural ou os portos de Ribeira, Aguiño e Corrubedo. O mesmo cómpre dicir doutras zonas como Fondevila e a rúa Romero Ortiz e as súas inmediacións: unha implantación que Telefónica pretende acometer a través dos fondos que o Estado destina para tal fin.

Pola súa parte, o Concello solicitou que se estenda tamén a banda ancha á zona onde se ubicarán a nova comisaría e o futuro Punto de Encontro Familiar, ambas infraestruturas enclavadas en Fontán, preto do paseo do Touro. O Concello está a emprender outras iniciativas encamiñadas á achegar o servizo de Internet á veciñanza, como a próxima implantación de doce puntos wifi gratuítos no centro. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.