O Correo de Barbanza

Tres negocios boirenses sacan peito ca estratexia do marquetin en galego

  • 28 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOIRO. As instalacións da Asociación Boirense de Empresarios acolleron este mércores, coa colaboración do Concello, un novidoso acto dirixido a amosar casos de éxito na utilización do idioma galego na comunicación empresarial. Baixo o lema Fálame sempre: o galego como estratexia empresarial, representantes de tres negocios locais compartiron as súas experiencias nese eido nun acto presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Igual que o uso do francés para a venda de perfumes se asocia á bondade do produto, tamén o uso do galego nas etiquetaxes ou nas cartas dos restaurantes pode ser un signo de garantía de calidade. Sobre este e outros aspectos xirou o encontro, no que os protagonistas foron Abel Tomé, representante de Casa da Avoa (que comercializa unha liña de embutidos cunha presentación innovadora e con receitas transgresoras e diferentes); Rosa Tubío, da Librería de Rosa; e Iago Caramés, do Furancho Boiro. Participaron tamén Xosé González, director da revista Lingua e Dereito; o alcalde, José Ramón Romero; a edil de Política Lingüística, Dores Torrado; e o presidente da patronal, Daniel García. Tras o coloquio que seguiu ás intervencións, os asistentes degustaron uns pinchos. S. S.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.