O Correo de Barbanza

Últimos días para anotar ós cativos no programa Lousame Concilia

  • 18 jul 2022 / 19:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. O Concello de Lousame abriu o pasado venres o prazo de preinscrición no programa Lousame Concilia, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante o curso 2022/2023.

Segundo indicaron dende a administración municipal, o servizo empezará a prestarse dende o nove de setembro, en horario de 07.45 a 09.00.

O prazo de preinscrición estará aberto ata o mércores 20 de xullo no departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 08.30 a 14.30 horas. Os impresos poden recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente da web municipal (www.concellodelousame.gal).

Cómpre lembrar que Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia. Fontes municipais lembran que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos e pequenas en datas concretas durante o curso escolar.

Os interesados poden solicitar máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.