O Correo de Barbanza

Veciños de Saíñas piden que arranxen o acceso ás casas

  • 21 oct 2021 / 19:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. Veciños das Saíñas, na parroquia ribeirense de Palmeira, puxéronse en contacto co BNG para trasladarlle o prexuízo que padecen cada vez que entran e saen da casa por mor do mal estado no que se atopa o camiño de acceso ás súas vivendas. Segundo indicaron os nacionalistas, o acceso a varias casas presenta “moi malas condicións cun pavimento disgregado e cunhas fochancas que provocan que o firme sexa esvaradizo e perigoso para o tránsito de vehículos”. Dende o Bloque consideran que o goberno local “debería resolver estas pequenas cuestións que non requiren grandes investimentos, pero contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza”. m. t.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.