O Correo de Barbanza

Xornada de rexeneración ambiental no lugar de Orellán

  • 06 may 2021 / 16:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Porto do Son. Este sábado, día 8 de maio, a comunidade de montes de Baroña organiza unha xornada deseucaliptizadora consistente “na eliminación dos rebrotes dos eucaliptos que se cortaron na faixa de protección contra incendios forestais da aldea de Orellán e a posterior rexeneración deses terreos por medio da plantación de árbores frondosas”, explican dende o citado colectivo.

Con esta iniciativa preténdese pór en valor a zona próxima aos muíños de Fontán e á de Agramonte, onde se realizará proximamente unha ruta de sendeirismo.

A actividade dará comezo ás 9.30 horas. Os interesados en participar deben inscribirse previamente chamando ao teléfono 679 156 855. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.