O Correo de Bergantiños

A Confraría de Pescadores da Laracha contará un ano máis co apoio do Concello

Recibirá unha subvención nominativa municipal de 5.000 euros para o mantemento e funcionamento do Arquivo da Pesca

  • 28 dic 2020 / 12:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O Concello Larachés e a Confraría de Pescadores da localidade costeira asinaron un ano máis un acordo de colaboración. No acto estivo presente o alcalde larachés, José Manuel López Varela, e José Héctor Morgade Carracedo, Patrón Maior de Caión.

O convenio establece que o Concello da Laracha concede unha subvención nominativa de 5.000 euros, xa contemplada nos orzamentos municipais, dirixida a sufragar os custos do funcionamento e mantemento (gastos en persoal, limpeza, electricidade, etc.) do Arquivo da Pesca, museo que é propiedade da Confraría de Pescadores.

O Arquivo da Pesca foi creado para poñer en valor o rexistro histórico da Confraría, dignificar o oficio dos pescadores e divulgar a cultura mariñeira. Atópase no baixo do edificio do pósito, en pleno paseo marítimo de Caión, e alberga os fondos do arquivo e unha exposición permanente que percorre a historia e a cultura mariñeira da vila a través da actividade pesqueira.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.