O Correo de Bergantiños

A estrada da Canosa ao Pereiro Vello súmase á rede de vías carballesas aglomeradas

As obras supuxeron un gasto próximo aos 240.000 euros // O Concello de Carballo investiu máis de 800.000 euros en aglomerados no último ano

  • 25 mar 2021 / 10:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e o de Mobilidade, Juan Seoane, fixeron un percorrido pola estrada que comunica os núcleos da Canosa (Rus) e Pereiro Vello (Entrecruces) coincidindo co remate das obras de aglomerado da vía. Os traballos, executados pola empresa Arias Infraestructuras por un valor de 238.992,77 euros, consistiron na regularización de anchos da vía, que pasa a ter 6 metros de media, e no estendido dunha nova capa de rodaxe con aglomerado en quente, que finalizou este martes.

O proxecto tamén incluíu a instalación da rede de abastecemento de auga aos lugares da Canosa, Braña de Abaixo e Braña e Arriba, e a sinalización correspondente, que se completará nos vindeiros días.

Así, a estrada de Canosa ao Pereiro Vello pasa a formar parte da rede municipal de vías aglomeradas, que no último ano incrementouse en varios quilómetros grazas a un investimento de máis de 800.000 euros por parte do Concello de Carballo nas estradas de Paradela a Prearada, na parroquia de Sofán; de Xoane ao Piñeiro, en Goiáns, e de Xamozo (Artes) a Santa María de Ardaña.

A maiores, a Deputación Provincial da Coruña acometeu o aglomerado dos 2,5 primeiros quilómetros da vía da Feira de Berdillo (Artes) ao Moucho (Berdillo), cun orzamento próximo aos 200.000 euros.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.