O Correo de Bergantiños

A Laracha busca ampliar os servizos de conciliación

  • 15 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. Na última sesión ordinaria da xunta de goberno local da Laracha acordouse concorrer á convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Plan Corresponsables. O Concello presenta unha novidosa iniciativa dirixida a complementar o Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha incorporando un servizo de atención domiciliaria que estaría a disposición das familias con nenos desde os 4 meses ata os 12 anos para satisfacer circunstancias puntuais e de natureza extraordinaria.

A finalidade desde servizo sería favorecer a conciliación nos campos persoal, familiar e laboral, establecendo ademais o carácter prioritario para as mulleres vítimas da violencia de xénero, familias monoparentais e unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

Por outra banda, tamén se acordou solicitar á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a cesión dun vehículo

todoterreo para incorporalo ao parque móbil a disposición de Protección Civil da Laracha. Ademais, foron concedidas tres licenzas de obra, sendo unha delas para a construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Santa Baia da parroquia de Soandres. c.g

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.