O Correo de Bergantiños

A Laracha pecha o 2020 cun orzamento próximo aos 16.000.000 de euros

As magnitudes, as máis altas da historia do Concello, foron recalculadas tras a entrada en vigor do último suplemento de crédito aprobado no Pleno en novembro // Uns 6,4 millóns van destinados á mellora de equipamentos e infraestruturas públicas

  • 09 dic 2020 / 12:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. Segundo as previsións, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicará a finais desta semana o edicto do Concello da Laracha no que se actualizan as cifras dos orzamentos municipais deste ano 2020. Farase trala entrada en vigor –unha vez superado o período de exposición pública e sen ter presentado alegacións- do último expediente de modificación de crédito aprobado pola Corporación no mes de novembro, que permitiu incorporar aos orzamentos municipais a cantidade de 719.000 euros procedentes do remanente líquido de tesourería do que dispoñía o Concello. Previamente, no mes de abril, aprobárase outro suplemento de crédito, tamén a financiar co remanente e por un importe de 1.119.706,17 euros

Unha vez recalculadas as cifras comunicouse que tanto o orzamento de gastos como o de ingresos do ano en vigor alcanzan aos 15.973.154,90 euros, o que supón as magnitudes máis importantes da historia do Concello.

GASTOS. Un dos piares da xestión municipal é a mellora de infraestruturas e equipamentos públicos, na cal os gastos alcanzaron os 6.376.927,37 euros. Os proxectos máis relevantes foron a renovación da iluminación pública en todo o termo municipal para mellorar a eficiencia enerxética (1,2 millóns de euros) e a construción do centro comunitario de Caión (1,3 millóns de euros, incluíndo o seu equipamento).

A segunda magnitude máis importante son os 5.843,771,21 euros destinados aos mantementos e á prestación da totalidade dos servizos de competencia municipal (axuda no fogar, ciclo da auga, recollida de lixo, limpeza viaria, etc).

INGRESOS. No apartado de ingresos, o incremento explícase tanto polo aumento dos créditos que supuxo poder dispoñer dos remanentes xerados nos últimos anos como polo maior volume de transferencias correntes doutras administracións como resultado da participación do Concello en convocatorias de axudas e subvencións. Os impostos directos supuxeron unicamente en torno ao quince por cento dos ingresos totais obtidos ao longo do ano.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.