O Correo de Bergantiños

A Laracha pon a punto a praia de Caión para os días centrais da Semana Santa

  • 14 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A praia de Caión e o seu entorno están a ser obxecto dunha completa intervención co propósito de que estean nas máis óptimas condicións de cara aos días festivos da Semana Santa. Estas actuacións están contempladas no contrato do servizo de limpeza viaria, polo que está a ser executada pola empresa concesionaria a instancias do Concello da Laracha.

Na praia os traballos fanse de dous xeitos complementarios. Estanse empregando medios mecánicos para acometer o cribado en toda a superficie e á nivelación de area nos puntos que así o requirían debido ao arrastre provocado nos últimos meses pola forza das mareas. Ao mesmo tempo, unha cuadrilla formada por cinco efectivos encárgase da recollida de lixo por medios manuais. Simultaneamente, estanse a realizar as actuacións oportunas de limpeza e acondicionamento nos accesos á praia e nas zonas de aparcamento de vehículos.

Ante a previsión de boas condicións climatolóxicas para os próximos días, desde o goberno municipal considérase que ofrecer aos usuarios da praia un areal en boas condicións de hixiene e salubridade, cómodos accesos e alta calidade de servizos no seu entorno, ademais de beneficiar aos veciños do municipio en xeral “será, tamén, un importante incentivo para atraer turistas e visitantes durante a Semana Santa, posibilitando reforzar a actividade económica na localidade, especialmente no sector da hostalería”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.