O Correo de Bergantiños

A Laracha pon en valor o papel das súas veciñas do pasado e do presente

  • 03 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O Concello larachés uniuse o pasado 15 de outubro á conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais coa convocatoria do concurso de fotografía Día da Muller Rural. O obxecto do certame foi reflectir nas imaxes as particularidades das mulleres rurais presentes e pasadas da Laracha para poñer en valor o papel e o traballo desempeñado polas mesmas e a súa contribución ao desenvolvemento local.

Participaron no concurso doce fotografías, das cales oito foron na categoría Mulleres rurais do presente e outras catro na de Mulleres rurais do pasado. Cada categoría conta con tres premios consistentes en vales de 200, 100 e 50 euros para gastar nos establecementos comerciais do municipio.

Outórganse os premios ás tres fotografías de cada categoría que obtiveron máis “me gusta” no Facebook do Concello desde o día 26 de outubro ata o 1 de novembro ás 10.00 horas. Recibiron máis de 2.800 votos.

As premiadas foron As vodas do pasado: Un día de voda, de María del Carmen Iglesias Fraga (primeiro); Abuela Xoana, de María Sánchez Tuset (segundo); e Nena chamando á corda unha parella de vacas, de José Souto Pallas, na categoría do pasado. Na modalidade do presente as elixidas foron María levando o tractor, de Laura Gayoso Mareque (primeiro); Cocendo no pan, de María Sánchez Tuset (segundo); e Amor de sacho de Alberto Méndez Faquet (terceiro). Recibirán os premios o venres ás 11.30 horas. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.