O Correo de Bergantiños

Acometen melloras en seis dos parques industriais de Área

En Bértoa acondicionaron o abastecemento e a rede de hidratantes // Investiron 86.500 €

  • 09 nov 2020 / 19:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A orde de axudas da Xunta de Galicia adicadas á mellora de infraestruturas nos parques empresariais da provincia da Coruña beneficiou a seis dos polígonos da Área Metropolitana de Santiago: Oroso, Boqueixón, Carballo, Ordes, Ribeira e Santa Comba, ademais dos de Coirós, Cambre e Fene. O investimento total ascende a 1,1 millóns de euros, dos cales máis de 852.000 serán aportados pola Administración autonómica.

Así o confirmou onte o delegado territorial, Gonzalo Trenor, durante a súa visita ao polígono industrial de Bértoa, en Carballo, onde se completou a rede de hidratantes para incendios e substituíuse un tramo das canalizacións de abastecemento no entorno da rotonda de acceso ao parque empresarial.

A Administración autonómica aportou case o 80% do investimento e o resto, ata os 86.500 euros, correu a cargo do Concello de Carballo, que foi o encargado de contratar e executar a actuación.

Gonzalo Trenor sinalou que estes proxectos enmárcanse “na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos”.

En concreto, este ano tamén destinarán outros 1,8 millóns de euros para a mellora das redes de distribución eléctrica nos polígonos de Vedra, Coirós e Aranga, actuacións que mobilizarán 2,3 millóns, e 238.000 € para a construción dun viveiro industrial en As Somozas.

Segundo o delegado da Xunta, que onte estivo acompañado en Carballo polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, a través das tres ordes de axudas habilitadas, o Goberno galego “apoia con 2,8 millóns de euros os parques industriais coruñeses co obxectivo de mellorar a oferta de solo e a competitividade empresarial”. Os trece proxectos apoiados suporán a mobilización de máis de 3,6 millóns de euros.

Cómpre sinalar que o polígono industrial carballés é, xunto co da Laracha, o máis dinámico da Costa da Morte. Tal e á demanda na capital de Bergantiños que o Concello de Carballo e a Xunta estudan xa unha nova ampliación para poder habilitar máis solo coa fin de acoller a todas as empresas e industrias que apostan por este parque.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.