O Correo de Bergantiños

Acordo para manter o centro de día Fogar de Bergantiños, de Cáritas

O alcalde carballés asinou un convenio polo que o Concello aportará 15.000 euros

  • 21 sep 2020 / 19:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. O Concello carballés colaborará no sostemento do centro de día Fogar de Bergantiños, que xestiona Cáritas en Berdillo, cunha achegada de 15.000 euros.

Así o recolle o convenio asinado este luns polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e representantes de Cáritas, entre eles o director da agrupación de Bergantiños, Francisco Suárez; o director de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mariño, e o párroco local, José García Gondar. No acto participou tamén a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.

No acordo asinado polas dúas partes contémplase ademais que Cáritas poderá complementar, se é o caso, a devandita axuda con outras subvencións.

O colectivo comprométese a desenvolver a actividade conforme á normativa vixente e, entre outras medidas, a facilitar o acceso ao servizo de persoas propostas polo departamento de Servizos Sociais municipais.

O centro de día Fogar de Bergantiños foi inaugurado no ano 2009 e logo dunha ampliación, actualmente ten capacidade para acoller a corenta persoas. Ademais, as obras permitiron que poida ofrecer máis servizos aos seus usuarios.

Está ubicado na parroquia carballesa de Berdillo, nun inmoble que fora no seu día a casa rectoral. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.