O Correo de Bergantiños

Afectados polo Plan Especial de Pedra do Sal din sentirse “avasallados”

  • 25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. A Plataforma de Afectados polo Plan Especial de Pedra do Sal (Carballo) denuncian “falta de información veraz e o pouco diálogo entre o Concello e os administrados, sentímonos avasallados”. Aseguran que o único que desexan “é que se nos trate con respecto, e non nos quiten o que é noso, froito de moito traballo e esforzo”.

Aseguran que “non é certo que só se vai expropiar unha vivenda, como dixo a concelleira Milagros Lantes. Son varias as vivendas, edificacións e parcelas que se pretende expropiar sen ter en contra a tremenda dor dos veciños que habitaron desde sempre en Pedra do Sal”.

Negan tamén que as devanditas edificacións estén “nun solo no que non pode haber uso residencial, pois a lei permite conservar e mantelas nese tipo de solo, e moito máis tendo en conta que se trata de varias vivendas anteriores ao ano 1956”.

Considera que “expropiar vivendas e propiedades particulares, así como pretender desahuciar as familias que as habitan, para facer un museo parécenos un maltrato aos veciños, que pagaron os seus impostos e teñen toda a súa vída aí”. E sinalan que “no PXOM non se reflectíu a intención de expropiar”. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.