O Correo de Bergantiños

Arranxan o firme en dúas estradas de Vimianzo

  • 15 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

vimianzo. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou o inicio das obras de reforzo de firme nos antigos tramos da estrada AC-432 nos puntos quilométricos 2+000 (Calo-Bribes) e 7+000 (Tras do Cean) en Vimianzo. As actuacións previstas foron adxudicadas á empresa Vázquez e Reino e contan cun orzamento de case 46.000 euros. Os traballos consistirán na limpeza das marxes da calzada e a reapertura de gabias de drenaxe lonxitudinal. Posteriormente colocarase unha capa de mestura bituminosa en quente para regularización nas zonas que o precisen, cun espesor medio de 3 centímetros para proceder a continuación á extensión dunha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor sobre a totalidade do firme existente. Tras a execución das obras estes treitos serán obxecto dun expediente de cambio de titularidade en favor do concello de Vimianzo. d.p.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.