O Correo de Bergantiños

Arranxo das vías interirores no lugar da Carballa, en Vimianzo

  • 12 jul 2021 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Vimianzo proxecta unha intervención para arranxar o pavimento interior na Carballa, por un importe total de 113.917,1 euros. Trátase dunha obra enmarcada dentro do Plan Único da Deputación da Coruña.

Por unha banda, actuarase na estrada con dirección a Subeiro, xa que presenta partes con discontinuidades, baches e afundimentos que supoñen un inconvinte para o paso dos vehículos e a súa seguridade. Nestas zonas recuperarase a cota de rasante para despois aplicar un triple rego asfáltico. Ademais, as cunetas están cheas de vexetación, con terra, ramas e pequenas rochas, polo que non cumpren a función de evacuar as augas de choiva. Limparanse e perfilaranse con motoniveladora, aseguran.

Por outra parte, repavimentarase a rúa principal do núcleo con formigón impreso e executarase unha rede de recollida de pluviais e unha preinstalación de residuais. A viabilidade desta última vén determinada pola comprobación das cotas de terreo, cara a posible ubicación da depuradora, que se atopa en fase de estudo.

Estímase que o prazo de execución das obras será de tres meses e desde o goberno local sublíñase que “esta é unha intervención dentro das que proxectamos para o noso rural, cunha ampla demanda e ás que iremos dando cumprimento nos vindeiros meses, xa que Vimianzo componse de 14 parroquias e 133 núcleos”, aseguran.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.