O Correo de Bergantiños

Aumentan as prazas para a Escola Infantil de Natación en Carballo

Cumpriu trinta e cinco anos e actualmente conta con seiscentos cincuenta alumnos

  • 26 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. A Escola de Natación Infantil do Concello de Carballo cumpre 35 anos, e neste 2022 realizaron unha redistribución dos grupos co fin de incrementar a oferta de prazas e dar cabida a todas as persoas abonadas que había en listaxe de agarda.

O curso empezou o 12 de setembro, e grazas á redistribución acadáronse as 650 prazas, a cifra máis elevada dos últimos anos, co que non só eliminará a listaxe de agarda de abonados, senón que tamén empezarán a recortar a de non abonados.

Cada alumno da Escola de Natación Infantil recibirá unha sesión semanal de 45 minutos de duración, ata acadar un total de 35 sesións entre setembro e xuño. Este programa acapara máis da metade da demanda das actividades acuáticas que se desenvolven na piscina municipal Vila de Noia, e cada semana impártense 80 sesións.

Esta escola empezou a funcionar no 1987. A actividade mantívose sempre que foi posible, incluso durante a pandemia, con todas as medidas de prevención esixidas en cada momento. Ano tras ano, coincidindo co curso escolar, todos os días, de luns a venres, entre as 16.45 e as 20.00 horas, a piscina do complexo deportivo Vila de Noia ten un espazo reservado para os nenos e as nenas do municipio carballés, unha actividade que se compatibiliza co uso da instalación por parte de entidades deportivas e usuarios individuais. As persoas que precisen información poden poñerse en contacto coa área de Deportes ou nas oficinas Carballo Deporte. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.