O Correo de Bergantiños

Avanzan a bo ritmo as obras de prolongación da avenida larachesa Manuel Fraga

O proxecto precisa duns 245.000 euros e forma parte do Plan especial de equipamentos educativos IES Agra de Leborís

  • 29 abr 2021 / 10:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. A execución do proxecto de urbanización da Avenida Manuel Fraga ata a rúa Maruja Mallo, pola parte posterior do IES Agra de Leborís, avanza a bo ritmo tal e como puideron comprobar este mércores o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, nunha visita ao lugar das actuacións, onde mantiveron un encontro con representantes da empresa contratista Construcciones Ponciano Nieto S.L.

O proxecto está valorado en preto de 245.000 euros e forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do Instituto. Inclúe a pavimentación da calzada, construción de beirarrúas, creación de espazo de aparcamento, axardinamento, redes de saneamento e abastecemento, canalización soterrada dos servizos de rede eléctrica, telecomunicacións e iluminación pública e tamén a sinalización horizontal e vertical, estando contemplado, entre outras medidas de seguridade viaria, un paso de peóns elevado.

Ademais, para evitar que os vehículos accedan polo centro do casco urbano da Laracha crearase crearase unha circunvalación que conectará directamente a estrada A Laracha-A Silva (DP-2404) coa estrada A Laracha-Soandres (DP-1913) pola Avenida Doutor López Astray.

A obra tamén permitirá habilitar un novo acceso cara o instituto –pola parte posterior do centro- para os autobuses de transporte escolar, reforzándose así a seguridade para os seus usuarios. Por último construirase no lugar unha segunda pista polideportiva descuberta, a carón doutra que xa está operativa, e un parque de patinaxe.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.