O Correo de Bergantiños
Cabana celebrará o un de agosto as festas de San Fins
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Cabana. A romaría de San Fins do Castro celebrarase o vindeiro un de agosto, o que suporá o regreso do popular festexo á normalidade logo da pandemia. Esta cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, dará comezo ás 09.00 horas coa celebración das homilías. Ao longo da mañá haberá tamén dianas e alboradas e animación musical.
Ás 13.00 horas terá lugar unha misa solemne. Acto seguido, o párroco de Cesullas protagonizará o célebre berro seco e a orquestra Magos amenizará a sesión vermú.
Pola tarde, Os Farrapos animarán o festexo e á noite será a quenda das orquestras Magos e Bomba. O día 2 seguirán as misas e a música. c. e.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.