O Correo de Bergantiños

Cabana dispón xa de viviendas sociais para dar servizo aos seus veciños

  • 24 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Caban. O Concello de Cabana de Bergantiños vén de rematar os traballos de acondicionamento e mellora da accesibilidade ás vivendas sociais municipais. Unha intervención que contou cun orzamento de 53.651,40 euros.

A actuación incluíu a demolición das escaleiras e ramplas anteriores, que incumprían a normativa de accesibilidade, para substituílos por un equipamento axeitado e seguro. Tamén se interviu no peche dos baixos dos balcóns, que contan desde agora cunha carpintería en material PVC, así como na limpeza, reparación e pintado das fachadas dos inmobles.

Por outra banda, o proxecto complementouse coa adecuación da contorna e das instalacións do conxunto de vivendas, dotándoas dunhas renovadas redes de abastecemento, saneamento e instalación eléctrica, entre outras melloras.

Segundo explicou o alcalde cabanés, José Muíño, “esta intervención permite desde agora unha mellora importante e moi necesaria nas instalacións para que poidan ser empregadas para o seu fin: garantir un servizo de urxencia para as persoas con dificultades económicas”.

Desde o Concello, engadiu, “queremos iniciar os trámites para adxudicar as vivendas antes do vindeiro ano”, engadiu. Hai que lembrar que estes fogares atópanse ao pé do colexio As Revoltas, e foron no seu día vivendas que utilizaban os mestres que impartían clases no centro educativo da capital cabanesa. M. l.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.