O Correo de Bergantiños

Cabana mellorará varias estradas e camiños locais con cargo ao POS

  • 01 feb 2021 / 16:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cabana. O Concello de Cabana investirá 356.296,81 euros do POS 2021 na mellora da rede viaria municipal. Destacan os proxectos nas estradas de Monelos, Ures e Canduas, por unha banda; e a reparación das estradas municipais Muíño-O Burgo, As Revoltas-Buzaco, Peralta-Ameixenda, A Mata, Remisqueira, Remisqueira-Os Anles, Perrol-Baralláns, A Gándara, Cures, Lugar de Cabana, Lugar de Cundíns.

No caso da estrada de Monelos realizarase unha excavación de terras por medios mecánicos e perfilado manual onde se precise. Precisaranse tarefas de recheo, retirarase o cableado existente do alumeado público e colocarase unha nova liña aérea de alimentación conformada por condutores de cobre.

En Ures excavarase mediante medios mecánicos e perfilarase de xeito manual esta vía e procederase ao recheo correspondente, para a posterior reparación e correcta mellora da mesma. En Canduas, demolerase e levantarase o antigo pavimento para posteriormente realizar a excavación de terras e instalar unha tubaxe de formigón en masa. Instalarase unha arqueta de rexistro e un muro de contención para evitar posibles derrubamentos.

En canto ao segundo proxecto, os traballos céntranse nas tarefas de roza dos camiños, limpeza con medios mecánicos e nivelación da superficie dos viais, ademais da elevación de tapas de rexistro e pintado das marcas viarias para mellorar a seguridade en todos os tramos.

Plan Complementario

Dentro da partida do Plan Complementario, a proposta é incluír os proxectos de reparación de camiños en Borneiro, As Salgueiras, O Esto e Padrín, por un total de 90.819,70 euros; a segunda fase do proxecto da contorna da Igrexa parroquial e da Casa Reitoral de San Pedro de Corcoesto, por 54.196,84 euros e a execución e rehabilitación da reitoral de Cesullas, cun valor de 106.552,6 euros.

Gastos sociais extraordinarios

A partida que se adicará a gastos sociais extraordinarios (133.157,24 euros) irá destinada íntegramente a solventar apartados de temática social e por mor da incidencia da covid-19 no muncipio cabanés. Impulsarán un servizo de acompañamento, iniciativa para tratar de paliar os efectos negativos a nivel emocional causados pola pandemia, como por exemplo, a soidade.

TEMAS
Tema marcado como favorito
POS
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.