O Correo de Bergantiños

Cabana renovará máis de 2.700 puntos de luz en todo o concello

Negocia un convenio coa Fundación Enerxética Provincial da Coruña para executar o proxecto // O investimento ronda o millón de euros

  • 05 mar 2021 / 10:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Cabana continúa con paso firme para efectuar o proxecto de renovación do alumeado público nas parroquias de Carduas, Borneiro, Cesullas, O Esto, Cundíns, Silvarredonda, Rioboo, Nantón, Anos e Corcoesto a través dunha subvención do IDAE. O proxecto conta cun orzamento de 946.996,75 euros.

O alcalde, José Muíño, e o director xerente da Fundación Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), Jesús Castro, negociaron convenio de colaboración para establecer un marco de traballo en relación co desenvolvemento do proxecto para marcar o camiño a seguir e facer efectivo así o investimento da renovación da iluminación exterior en todo o municipio.

“O que plantexamos nesta xuntanza é que a FAEPAC, coa súa experiencia contrastada, nos marque o camiño para acudir a unha empresa de servizos e sexan eles os que tracen a liña de traballo, cun asesoramento que sería de gran axuda á hora da execución do proxecto”, sinala o rexedor.

Actuarase en 2.745 dos 3.001 puntos de luz existentes no municipio -xa que o restante xa están renovadas- substituíndo así as luminarias actuais por outras con tecnoloxía LED, máis eficientes e coas que conseguirán un aforro estimado dun 66,93 por cento .O obxectivo prioritario desta actuación é favorecer o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, á vez que se mellorará a visibilidade en todos os puntos nos que se interveña, xa que a tecnoloxía empregada mellora ás luminarias actuais, conseguindo máis luz con menos potencia.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.