O Correo de Bergantiños

Caión celebra esta fin de semana as festividades do Corpus e do Carmen

O concerto de Leilía abre os festexos // O domingo haberá procesión marítima

  • 15 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A vila mariñeira de Caión (A Laracha) celebra as festas do Corpus e do Carmen dende o 15 ao 17 de xullo. As celebracións comezan este venres co concerto de Leilía (22.30 horas) e a disco móbil Impacto. O sábado, festividade de Corpus, haberá misa solemne e procesión polas rúas, que estarán engalanadas con alfombras florais. Pola tarde, a partir das 20.00 horas, actuarán o grupo de baile e as cantareiras da A. C. Arume, de Caión. A verbena será amenizada por Nueva Fuerza e a disco móbil Fabrik.

O domingo, día 17, festividade do Carmen, a xornada comezará con dianas e alboradas a cargo do grupo musical da A. C. Arume, de Caión. A misa solemne será ás 13.00 horas, cantada pola Coral As Salseiras, no porto da vila. Despois celebrarase a tradicional procesión marítima. A música, tanto na sesión vermú como na verbena, correrá a cargo do grupo Kalima.

Da organización dos festexos encárgase a Asociación Cultural-Deportiva Peña Royal, que conta coa colaboración do Concello da Laracha.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.