O Correo de Bergantiños

Carballo e Cee acollerán as unidades móbiles da Inspección de Vehículos

  • 07 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

COSTA DA MORTE. Unha unidade móbil do servizo de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) desprazarase este mes a Carballo e Cee. Na capital de Bergantiños estará operativa do 12 ao 14 de xaneiro, no seu emprazamento habitual no polígono de Bértoa. O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas os días 12 e 13, e de 9.00 a 13.30 h. o día 14. Pola súa banda, na vila da Xunqueira o servizo estará operativo dende o 28 de xaneiro ata o 16 de febreiro no aparcamento situado diante do hospital. Neste caso atenderá aos automovilistas de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 16 de febreiro, no que só estará operativa en horario de mañá. En ambas as dúas vilas a unidade realizará as inspeccións só de turismos. Os interesados poden solicitar cita previa no 902 309000 ou na web www.sycitv.com. J. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
ITV
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.