O Correo de Bergantiños

Carballo vai promocionar as ventas no seu comercio local polo San Xoán

A campaña, co lema ‘A festa levámola dentro’, vai repartir premios entre os clientes

  • 08 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. Hai lugares nos que o San Xoán non é un día calquera. A tradición fai que esa data teña un significado especial. É o caso de Carballo, donde o Concello ademais de intentar ofrecer algunhas actuacións de pequeno formato durante os días grandes das festas, traballa noutras propostas que contribúan a paliar esta anómala situación derivada da crise sanitaria que se está a padecer e que tanto ten afectado á actividade económica en xeral e ao comercio en particular.

No Concello son conscientes de que o San Xoán sempre foi unha época forte para o comercio carballés polo que as concellarías de Festas, Promoción Económica e Mercados unen esforzos para intentar dinamizar as vendas a través dunha potente campaña de imaxe que incluirá como principais soportes a publicidade en medios de comunicación, vídeos e cartelería. A proposta foi aprobada pola Xunta de Goberno Local.

O lema da campaña, cuxa imaxe se dará a coñecer nos vindeiros días, será A festa levámola dentro, porque o San Xoán é unha celebración arraigada en Carballo, pero tamén porque é unha boa época para mercar no comercio local e levar a festa dentro das bolsas da compra. Por iso, o gasto que se realice nos establecementos colaboradores terán recompensa.

A campaña arrancará o próximo luns, día 14, e vaise estender ata fin de mes. Os comercios de Carballo que queiran participar deben inscribirse antes do venres tendo en conta que as prazas son limitadas. m.b.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.