O Correo de Bergantiños

Comeza a construción da senda de Nantón

  • 26 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CABANA. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as obras dunha nova senda na AC-552 na contorna do centro de control da autovía AG-55, ao paso pola parroquia de Nantón, en Cabana de Bergantiños. Os traballos, cun investimento de preto de 50.000 euros, céntranse na construción dun novo itinerario de uso fundamentalmente peonil na marxe esquerda da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 48+120 e 48+405, que dará servizo aos operarios do centro de control da AG-55 e aos veciños dos núcleos de Cazón, Camafreita e Denellón.

Con esta intervención tamén se conectarán as vivendas que están paralelas á AC-552, onde actualmente os peóns circulan pola beiravía ao non dispor de sendas na marxe da estrada.

O novo itinerario en execución terá preto de 300 metros de lonxitude cunha anchura media de 1,80 metros. Será de base de saburra artificial, de 10 centímetros de espesor, que servirá de soporte ao pavimento da senda, e de cor terrizo natural. Entre os quilómetros 48+200 e 48+276 a cota da senda será inferior á da estrada para adaptarse ás entradas existentes. Disporase ademais un colector, que conectará coa rede de drenaxe actual e ao que desaugarán unha serie de sumidoiros ao longo da senda.

O obxectivo é favorecer os desprazamentos a pé de modo seguro e cómodo. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.